Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.236 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Chegaron os vándalos


De xeito periódico sucenden en Ribadeo actos de vandalismo. Por sorte os períodos son longos. Agora tocoulles o turno ás luminarias do cargadoiro. Pódese ler a nota do prensa do concello, ou observar as fotos. Pero a desolación hai que sentila camiñando polo parque.
Din que vandalismo ven dos vándalos, un dos pobos invasores tras a ocupación da península por Roma, e supónse que é debido ó arrasamento que fixeron sobre o terreo. A cousa está en que ese pobo moveuse e ocupou as terras, e é de supoñer que ó facelo farianse conscientes, alomenos en parte, dos efectos da súa actividade. Neste caso ribadense, a consciencia, onde podería procurarse? Cabe alegar, por exemplo, motivos políticos agora que estamos ás portas dunhas eleccións? É que cabe alegar algo?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *