Parece que un pub de Ribadeo aberto hai 17 anos e medio, o Pasillo, vaise pechar para instalar nel outro tipo de local de hostalería. Xa espuxen en varios artigos previos (aquí, aquí, aquí ou aquí) que era necesaria unha reconversión dos locais tipo pub, referíndome ó xeito no que estaban a funcionar. Neste caso, a baixada de xente debida á crise e o ver de xeito práctico o bo froito que está a dar outro tipo de local de hostalería do mesmo grupo estimo que foron os dous puntais básicos para o cambio.
O anterior non quita que, nunha liña que ven sendo común dende hai algún tempo, se me apunte como causante do peche. Algo que resulta raro pois que eu saiba nin unha soa das medicións sonométricas que lle afectaban foi considerada como motivo dunha sanción, quedando, as que foron tramitadas, nunha petición de que vixiaran o tema sonoro. Outra cousa é que non tivera sanción algunha, pois sei que alomenos tivo unha (din a reseña dun pleno onde se preguntaba por unha sanción de 200 € ó local, e asemade por dúas a outro do mesmo grupo, ignoro a causa de ambas, se foi por portas abertas, horario ou outras)
Naturalmente, unha acusación así, aínda que non trate nada ilegal nin máis aló da procura dun mínimo de calidade de vida, non podía vir soa, había que instrumentala, polo que se convoca un botellón. Pregúntome se será para amolar á xente dos locais que aínda seguen a traballar, potenciando agora ‘a oposición’ (eu nunca vin o botellón como oposición ós locais de copas, pero sei dos argumentos que teñen saído máis dunha vez nos medios). En calquera caso, parece que resulto útil como o que se soe chamar ‘chivo expiatorio’, aínda que a reforma poida ser para mellorar o rendemento pecuniario dun local. Sinxelamente, segue a serie de ataques ós que xa me teño referido algunha vez, e mesmo teñen saído nos comentarios. Deixo unha cita de algo que lin onte mesmo: ‘(…) o cometido dos cidadáns libres é examinar os feitos para desenmascarar as mentiras’ [Amin Maalouf, en ‘El desjuste del mundo’
Agradezo dende aquí á xente que me avisou do tema e á que me amosou a súa solidaridade.
–Anexo: Vexo hoxe no El Progreso que se lle confirmou, por parte da Xunta, unha multa de 300 € a un pub de Antonio Otero, como reincidente dunha infracción de superación de horario.