Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Preocúpanme esas calumnias que se transforman en verdades


“Preocúpanme esas calumnias que se transforman en verdades”… Isabel Coixet, en Público (na rede aparece unha versión diferente do artigo que en papel), en relación ás acusacións contra Garzón… ou, algunha das múltiples acusacións que se verquen en Ribadeo unha e outra vez, dende hai moito tempo, contra persoas que poden resultar incómodas, que son opoñentes ou sinxelamente que se quere perxudicar? Como efecto secundario, o enrarecemento da convivencia ou o desprestixio da información en xeral, pero como primario, en cada caso co seus matices, o crear unha desconfianza na xente á que se está a puntar co dedo. Si, a min tamén me preocupan as calumnias que se pretenden pasar por verdades.
A xente interesada, aconséllole a lectura dun par de obras: Dos rumores, Cass Sunstein, ISBN978-972-20-4030-3, en Publicações D. Quixote.
El arte de la mentira política. / Es conveniente engañar al pueblo?. Jonathan Swift / Nicolás de Condorcet.D.L:B-1708-2010, en Público.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *