Non sei de onde saiu a cousa, pero a Oficina de Turismo está reordeada. Máis vistosa, aínda que en canto ó aproveitamento práctico do espazo …
A primeira imaxe, tomada do sigpac, a situación da oficina, co norte arriba, aparece ó norte o parque, ó leste o templete e a vella oficina de turismo, ó sur o convento e o auditorio, ambos cortados, e no centro, o edificio de turismo.
Na segunda imaxe, os cocos, dentro da oficina, na esquina segundo se entra, á dereita (é dicir, no punto máis ó norte), acompañados cos cabezudos (noutro lugar da oficina están as vellas cabezas de Coco e Coca)
A terceira imaxe presenta o fondo esquerda do interior do edificio (cara á esquina máis ó oeste na imaxe do sigpac), lugar a onde se trasladou o cadro do Viejo Pancho polo que preguntou hai tempo o Tesón. Na mesa, libros do bookcrossing que complementan o baúl ó seu pé, quizáis un pouco alonxados de quen os poida usar ó ter un espazo de mostrador entre o público e a mesa, que en cambio, favorece a visión do cadro. Tamén na mesa, unha curiosa e detallada reproducción da Torre dos Moreno, que debido á súa escala queda lixeiramente arrinconada polo resto da mostra.
As últimas catro, sobre o barco reproducido que leva xa tempo na oficina de Turismo despois de estar no piso superior da biblioteca, a fragata ‘Santa Eulalia’, como reza nun dos carteis en metacrilato das últimas fotos. Entendo que a fragata é a reproducción da que se pode ver no porto de Barcelona (aquí, en detalle lateral), se ben non din atopado datos abondo que o respaldaran.
Parece un contraste a foto do barco no centro da estancia en relación á toma rasante en cuberta, que da a idea dun auténtico baixel en posición de navegar. Os letreiros en metacrilato dan indicacións útis para comprender mellor o barco.
Así pois, quen entre na oficina de turismo ribadense, visitante do pobo, terá un pequeno museo e unha primeira impresión favorable. O seu uso como centro de exposicións, en cambio, coido que está dificultado.