Hoxe teño unha colaboración externa: unha persoa que contribúe a virtualizar o noso mundo para telo accesible dende o noso ordenador. Foi quen me ensinou que xa está no Google Earth a posibilidade de ver a Torre dos Moreno e a Ponte dos Santos en 3D, xirando e vendo dende enriba ou á beira, de múltiples xeitos posibles, como se fora un modelo que movemos ó noso antoxo. Déixovos con el:
Boas! Son Andrés Armesto, un estudante de 16 anos, de Lugo. Aparte de estudar, teño unha afición: Modelar edificios reais en 3D. En principio da miña cidade (podédelos ver aquí), pero ando a expandir fronteiras. Usando o Google Earth, un programa no que podemos ver calquera parte do mundo por medio de fotos aéreas, e un programa de deseño, o SketchUp; recreo construccións importantes. Non sóamente eu, tamén xente que ten por afición o deseño gráfico, como por exemplo Kico López, que fixo a Torre dos Moreno (pinchade na imaxe e arrastrade de dereita a esquerda)
Eu traballo máis Lugo, pero gustaríame ampliar as miñas fronteiras. Se queredes información sobre o programa, onde descargalo, información dos meus novos modelos; podedes pasarvos polo meu blog. Podedes comentar, suxerir modelos… Ou incluso para saber como unirvos! Tedes todo un mundo no 3D, un mundo por crear e modelar. Apuntádevos!