Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Atravesando a barra da ría de Ribadeo




Onte, co temporal no mar, era difícil de atravesar a barra da ría. Outro día falaremos do que é a barra, pero hoxe, pediría imaxinar o que sería entrar un barco na ría a finais do século XIX, a vela, coa opción de quedarse no mar cun temporal e ondas semellantes a estas, tomadas ó anoitecer na zona das Carrallas, prácticamente fronte ó depósito de butano. Vese a Punta da Cruz ó fondo (é dicir, dende 43º33’8,13″N, 7º2’7,15″O, máis ou menos segundo indicación do Sigpac).
O espectáculo estaba servido, e non lembro ter visto tanta concorrencia de xente nin de coches no camiño do faro.
Temporal forte, ondas de gran tamaño, destrozos e mesmo contribución á perda de vidas humanas … pero non ciclón tropical explosivo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *