Entre hoxe venres e mañá sábado hai dous actos na casa das letras á mesma hora, ás 20:30. O de mañá, a charla de Celia Castro sobre Dionisio Fierros, naturalmente ha de vir. O de hoxe, xa foi: a presentación do libro de Arturo Mogo sobre Desiderio Palazón, introducida por Farruco Graña e acompañada na mesa polo Yuma. (que por certo, na procura da súa información fixo que dera a parar nun blog ribadense que non coñecía)
Fixo Farruco unha semblaza de Arturo, da súa vida e aficións, e logo Arturo comezou explicando o por que da compañía do Yuma á mesa e relatos diversos, mesmo teatralizados, relacionados co tema e carácter de Desiderio, rematando en verso nunha curiosa e concorrida presentación.
Quédome con dous contos que non son tales: un, o da visita de Yuma a Madrid, con vinte días de durmir no ático de Arturo e unha falta de dous días, con retorno acompañado dunha caixa de diversos obsequios, botellas e tabaco por medio. Que pasara neses dous días? Que os gardaespaldas de Calvo Sotelo deran co Yuma e iste rematou … na Moncloa. O outro, o relato da visión de Desidero Palazón saíndo da casa cun pao ó lombo, como lembranza agradecida despois de ser salvado dun naufraxio a flote agarrado a un pao …