Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Home


Home, isto non trata de Ribadeo. Alomenos, non só. Home, unha verba que designa unha parte da humanidade, ou mesmo a humanidade enteira. Unha verba galega, verdade? Pode servir como moitas outras para testar a forza dunha lingua, mesmo a imposición dun idioma, …
Zara Home. A primeira vez que vin as dúas verbas xuntas, non o dubidei: unha tenda da cadea Zara especializada na roupa masculina. Pero non, resulta que é o nome xenérico das tendas da cadea de Zara para o fogar. E así, ben antes de que a Xunta fixera a pinza ‘castelán-inglés’ quedando no medio apretuxado o galego, entre o home/fogar e o hombre/home. É dicir, a Xunta só é imitadora e sancionadora. Navega a favor da corrente, non se lle pode negar. En fin, nada novo…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *