Remata o verán e co inicio do ‘curso político’ espéranse movemento diversos, a comezar por completar as candidaturas dos diferentes partidos e propor os programas para presentarse ás eleccións. Así, chegados a este punto, convén repasar algunhas das propostas anteriores, o seu fundamento, os seus resultados, etc. O motivo, o xulgar se as novas presentacións se fan pensando na súa realización, pensando só nos votos, con fundamento ou sen el, na procura de anular propostas doutros partidos, etc.
A primeira que me veu á cabeza estes días foi a proposta dun grupo para as pasadas municipais. A cousa era facer un segundo grupo de pantaláns (un segundo clube náutico) na enseada da Vila vella. Despois das eleccións, e ata o momento, non voltei a escoitar nada do tema, nin unha proposta, nin falar del no pleno, nin un estudo, … nada. Coido que, despois da foto que deixo arriba, está crara unha das razóns que impediría a súa credibilidade en momentos non electorais: o calado. Craro que hai máis: está nunha zona protexida. Ou tamén: dende aquela, houbo un aumento substancial de atraques no clube náutico ribadense, invalidando alomenos en parte a súa necesidade. Si, é certo que tamén na outra beira da ría houbo aumento de atraques, pero coido que se trata de aproveitar mellor os recursos, non de competir ‘porque si’ e contra outra xente por uns atraques. O caso é que serviu como un tema máis de proposta electoral. E que polo que parece, ninguén se voltou a lembrar del, co que saiu gratis a proposta. Como noutros moitos casos.
En fin, deixo tamén unha foto do espolón dos bloques, viciño do suposto conxunto futuro de atraques da Vila vella. Está escorado á dereita? Ou é á esquerda? Segundo como se mire… O certo é que está escorado, que lle fallan as bases. E que cada vez está peor, ata que se lle poña remedio.