Dende hai agora un ano viña coleando unha situación inusual na dirección da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. A finalización hai pouco tempo do expediente levantado a Lourenço Cruz desembocou onte en que fora despedido. Queda unha actuación no xulgado, e o paso de provisional a definitiva a resolución sobre a dirección da escola e da banda, que seguen a ser dirixidas polo momento sen a convocatoria que sería normal. Así as cousas, o camiño das dúas institucións váis aclarando, e co concerto das letras galegas, que se realizará o domingo, marcará un paso máis á normalización da situación.
Tamén hai un intento de re-regularización noutro asunto relativo ó concello: despois de que o xulgado asignara ó anterior alcalde un pago por parte do concello de 13 581€, un recálculo por parte dos técnicos municipais rebaixa a cifra en 3 000€, a parte de pedir instruccións sobre outros aspectos como a quen corresponde facer o depósito do IRPF. Naturalmente, neste caso a cousa continuará.