Están colgadas en Publicado en Ribadeo as dúas primeiras páxinas (polo momento, só) do exemplar do quincenal ‘Bandera Católica’ de data 1 de setembro de 1916. Que ten de particular? Varias cousas. En principio, a primeira imaxe da Torre dos Moreno da que se ten noticia, con dous artigos correspondendo con ela, un laudatorio e outro técnico, que serán revisitados e comentados próximamente.
… Para ir preparando un centenario da Torre como corresponde.