Relendo partes dun libro que vai para catro anos, atopo algo que aínda serve para cavilar moito hoxe.
“(…) teño visto os emigrantes, famentos, pálidos, tristes, esconsolados, coas mans callosas de tanto traballo … que xa sabedes que desta terra fuxen os que traballan, pero non os zamezugas da política que teñen as mans suaves e levan os callos na ialma.”
(Manuel Lugrís Freire. O compromiso. por Xosé Ramón Barreiro – Xosé Luis Axeitos. La Voz de Galicia 2006, p.53 “Discurso – mitin de Betanzos, 1907”)