Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

31 de marzo, data límite


Hai uns meses saltou á vida unha nova: ou o alcalde repoñía a legalidade da altura dun edificio na r/ Irmáns Ulloa antes de finais de marzo ou pasaba a aboar 1 300 €/mes. Dende aquela houbo un axuste na sentencia, a pregunta do propio alcalde: non se trata só de tirar a altura, pois quedaría o edificio sen teito, senón de repoñela. Iso implica un proxecto non só de tirado, senón de reposición, que aumenta 79 000 € ao proxecto incial, o que leva a cousa ata os 160 000 €. Queda unha dúbida (alomenos a min), se co novo axuste na sentenza variou asemade o prazo de xecución. Se non é así, entendo que mañá comezará a contar o prazo para o primeiro mes de pago, despois de ter pasado a cousa por mans de varios alcaldes. E é só o primeiro dos edificios, pois xa se falou da sentenza doutro, e non serán os únicos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *