Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ventás abertas



Comeza ‘un amaño’ da aduana vella. ‘Un amaño’, que só significará que non se vai vir todo abaixo, pero si que se poidera vir abaixo parte do interior, a pesares dos 200 000 € de orzamento destinados. O caso é que se comeza.
Onte mantivemos un primeiro contacto dende O Tesón coas Xuventudes do PP, con representación asemade do grupo no concello. En hora e media da abondo para tratar temas, pero quedaron alomenos outros tantos no tinteiro, e iso que foi unha xuntanza na que polo momento non se chegou á reciprocidade, no sentido de que básicamente falamos nós e polo tanto non nos enteramos dende O Tesón que se pensa dende XXPP. Sen día, pero voltará a haber máis contactos, que continúan o xa relacionado aquí co axente prospector para a elaboración do plan local de mobilidade. Ou sexa, abrindo fiestras co horizonte ó fondo, como na imaxe do faro d ailla Pancha dende o “templete” que se fixo alí.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *