-
Amar en tempos revoltos
Coido que o título dunha obra coñecida pode servir para moitas cousas. Para ser aplicado en Ribadeo, tamén. E é que os tempos están revoltos, pero non queda máis que aplicar un mínimo de amor por tódalas bandas para ir tirando, e ata mellorando aínda que ó comezo non o pareza. O alcalde pide ós…
-
Copiar non é malo
Aproveitando a licenza CC do sitio de Nina Paley, traduzo (ó meu xeito …) e póñoo en Ribadeando unha entrada relacionada co movemento mundial a favor dunha cultura libre. Unha nota previa: o texto do video está en inglés, traducido abaixo, pero coido que só coa imaxe e o ritmo pódese sacar case toda a…
-
Que neve … !
Hoxe, mércores, suspendéronse as clases en toda Galicia polo mal tempo. Si parece que no interior de Galicia a cousa pode ser peor, pero aquí estamos polo día rondando, pero sen chegar ós 0ºC nun día con frío pero polo demáis, apetecible. Pregúntome como fan logo nos países nórdicos con esto da neve e as…
-
Distinguindo en torno á Atalaia
No apartado A Mariña de El progreso de 15 de decembro de 2009 aparece na segunda páxina o título “El ascensor panorámico de A Atalaia empezará a funcionar en febrero”, seguido do subtítulo “Es el primero de estas características en la comarca y revalorizará una zona del casco antiguo”. Estiven mirando a nova polo miúdo…
-
De novo, en torno á ría de Ribadeo
O tema da ría é recurrente no blog. Por moitas razóns. Hoxe xúntanse varias delas, dende as que miran ó medio ata as que o fan respecto do nome , pero sempre relacionadas co mantemento dun ben que é de todos. Este fin de semana non só había consultas en Cataluña polo tema…
-
Carta pola innovación, a creatividade e ó acceso ó coñecemento
[Nota previa: o texto apareceu xa hai case unha semana, co que vai con retraso, e déixoo aquí tal cual o atopei en galego, sendo consciente que a traslación á nosa lingua é mellorable] Dereitos dos /as cidadans/ás e artistas na era dixital Inclúe solucións legais, inmediatas e urxentes Nós, unha coalición inclusiva provinte de…
-
A situación sanitaria
… segue sen estar clara, e cada vez, menos. É certo que a falta de información segue a brilar pola ausencia, e polo tanto, pode inducir a erro como toda falta de transparencia das administracións ou do que sexa. Pero parece cada vez máis claro que a constitución dunha plataforma sanitaria xa tivo os primeiros…
-
Alicia no país das marabillas
O de Alicia, alomenos tal como nos chegou a nós, non é un conto tradicional, senón un conto escrito dun xeito moi repensado. As situacións polas que pasa Alicia no conto non teñen que ver coa realidade, nin tampouco coa ilusión, senóncoa forma de articularse os soños e os pesadelos. A chamada cumbre de Copenhague…
-
Anormalidade
É certo que os xornais non soen dar novas que son comúns, é dicir, de tódolos días, porque non se consideran novas. Esta verdade de perogrullo está condicionando en parte, en boa parte, a percepción da realidade que transmiten por propia necesidade: o que é normal non é noticia, logo o que se transmite é…
-
Axenda cultural para sábado e domingo
Sábado 12 de decembro ás 20 horas no Cine Teatro EN CONCERTO JEAN-MICHEL VEILLON frauta traveseira (BRETAÑA ) + XEL PEREDA guitarra (Galiza) ENTRADA DE BALDE Domingo 13 , ás 20.30 horas no Hernán Naval CÁNDIDO PAZÓ PRESENTA HISTORIAS TRICOLORES Ou de como aqueles animaliños proclamaron a república un espectáculo de narración escénica para teatro…