Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • 1º de agosto, turismo

    Deixando polo momento outras entradas pendentes, paso a poñer unha pequena ilustración da oficina de turismo hoxe. En primeiro lugar, o libro de sinaturas contra a violencia de xénero, no que esta mañá, despois de dous días da xuntanza no salón de plenos, había exactamente 45 sinaturas contando a miña, de 1800 ocos que hai.…

  • Mareas

    Atópome con que xa saiu o novo número de ‘Cosco Express’, o nº 5, jul/ago 09, e nel un artigo referido a unha investigación feita por alumnos meus. Deixo o artigo en ‘Física e Química en Ribadeo‘, e botarei unha ollada máis ó número, que coido que hai algunha cousa máis que me aproveitará.

  • Chegou agosto

    Si, xa sei que cando esto escribo aínda faltan unhas cantas horas para que oficialmente entre o mes na península, e que cando se lea, é posible que sexa máis que evidente que chegou, mesmo nalgún caso, que pasou. Tampouco me estou a referir a signos como o balbordo de anoite no local de enfronte,…

  • Da Muller

    Daba conta que esta mañá se celebrou no concello a presentación dun libro sobre a muller. Tratábase dun libro de sinaturas a favor da paz de xénero, en contra da violencia de xénero. Pouco que sinalar, quizáis a parte da propia nota do concello ligada arriba e de que só houbo dous homes no acto:…

  • Of_estival_on: On/off folleto

    … a lembrar que son tomas do folleto por pares de páxinas, polo tanto, a última presenta as páxinas 8 e 1, a anterior, a 2 e 7, a 6 e 3 e a 4 e 5…

  • Unha nota sobre o Emma Cuervo

    Con foto de Pancho, unha toma dos trofeos e o cartel anunciador deste ano. Unha actividade máis das múltiples que se organizan en Ribadeo, en particular durante o ano. Un ritmo que dificilmente permite seguilas e referilas. Queda nestes momentos a charla de onte sobre a Diadema de Ribadeo, ou o comezo do On/off, ou…

  • Rogos e preguntas no último pleno (extensión do xa publicado)

    Deixo a relación de rogos e preguntas de UPRi no último pleno. A lembrar que non estiven e polo tanto non puiden poñer ningunha das realizadas. As que deixo foron pasadas direitamente como nota de prensa dende a UPRi: “Rogos e preguntas, máis destacados, que formulou o noso Grupo no Pleno do pasado luns día…

  • Festival de bandas (III)

    Sobre o programa: David Ballester fai, se non me fallan as contas, o 6º director da BMR, Comenzando con Hernán Naval (moitas máis entradas, aquí, e unha biografía, aquí) e incluíndo tanto a Marcel Van Bree como a Mariano Rivas, directores en actuación completa. Seguiu José Luis Álvarez, Bernardo Méndez, e logo, Lourenço Cruz, con…

  • Festival de bandas (II)

    Moi Lentamente, outra entrada sobre o festival de bandas. Dista, fotos… Comezando pola de Suso López, músico ribadense e asemade presentador televisivo, facendo a introducción do festival. Dúas fotos da banda da Union Musical de Ortigueira (unha delas, do trompeta que me permitiu facela co logotipo na atril móbil) … e as dúas vistas do…

  • Os trámites medioambientais avanzan ben

    Verbas que onte traía a Voz atribuídas ó alcalde de Castropol en relación ó estudo e posta en marcha de dous portos deportivos no seu concello (a parte do que existe nas Figueiras ou a ampliación que terá moi pronto), máis de catrocentas prazas co que a ría se iría cerrando un pouco máis. Non…