Recibín a petición de publicar o artigo seguinte, contestación a outro de Pancho Campos, “Por que a voltas co galego?“, e despois da traducción consentida, aquí vai, non sen antes lembrar unha pequena nota ó pé da páxina principal do blog, “En caso de publicación de artigos de terceiros, as opinións verquidas neles non teñen por que coincidir coas mantidas polo blogueiro” (neste caso, son algo máis que as opinóns, son mesmo os datos manexados).
—
Vivir en galego, obriga ou opción?
Despois de ler o artigo de Pancho Campos Dorado, intentarei ser algo mas escueto, aínda que se alongou tanto, que non sei se poderei.
1º / Preguntabas, a través do titulo do teu artigo ¿Por qué a voltas co galego? Contestación: – Un amigo teu e compañeiro de partido, neste semanario, sempre está con temas sobre o galego “arrimando a ascua á súa sardiña”. Algún dereito teremos a dicir os que non opinamos como el. Non crees? Ou só podedes opinar os do Bloque?
2º/ Mira Pancho, (con papeis, cousa que moitos non poden) conseguiría demostrarche que proveño dunha familia radicada nesta vila desde antes do ano 1700. Se polo feito de defender eu o bilingüismo, consideras que a miña opinión faime menos galego que ti, estás moi, pero que moi equivocado. Iso é a gran equivocación dos do BNG, crédesvos mas papistas que o papa e así vanvos os resultados.
3º / Non sei como les ou interpretas os artigos. En ningún momento impuxen ou insinuei o que cada un ten que falar. Sodes vós, unha minoría (16% do electorado) os que intentades impor á maioría algo que esta rexeita. A proba?: O programa do P.P. optaba polo bilingüismo e a sociedade galega maioritariamente apoiouno, e iso parece que non o rematáchedes de dixerir. O galego, impóndelo os do BNG arrinconando ou eliminando o Español. Non hai máis que ver os panfletos que do Concello de Ribadeo anuncian algún evento. Como poderás comprobar están só en galego. O mesmo ocorre cos indicadores no núcleo urbano. Non é isto unha descortesía cara aos forasteiros que residen na nosa vila ou que veñen a coñecela? Non estamos en España?…Claro que, a vós ese nome pouco ou nada vos importa. No tocante ó querer optar por un traballo na Administración Pública, penso de distinto xeito ca ti. Estamos en España, polo tanto, igual dereito tería a optar a un posto de traballo un madrileño, andaluz etc., independentemente que soubese ou non falar galego, tendo en conta que a lingua común para todos os españois é o castelán. Pero iso aos nacionalistas “atragántasevos”. É o colmo da estupidez que nunha rexión “española”, Galicia, se puntúe máis un curso de galego que o bo currículo da persoa que vai a opositar.
4º/ Si, si, xa sei o que foi “Nunca mais”. Un movemento, utilizado politicamente polo BNG, que supostamente pretendía desacreditar a xestión do Goberno do P.P. Tamén a mesma plataforma, mobilizou á xente en contra da guerra de Iraq. Onde están agora, os desa mesma plataforma, con outra guerra, a de Afganistán, e 88 españois mortos en combate? Demasiada hipocrisía, amigo Campos. Quizais o Sr. Zapatero ordenou aos deputados do BNG manter o pico cerrado sobre esta guerra a cambio de certas prebendas.
4º / Interpretas todo como che dá a gana. Cando falo de estrepitoso fracaso refírome ás eleccións autonómicas, e non á manifestación. A ver se interpretamos ben, para evitar o equivocarte.
A que ti defines como mini-manifestación a favor do bilingüismo é preciso matizar que chovía a cántaros e non por iso a xente se cortou. Algúns borregos, que non vacas, intentaron boicoteala, sabes demasiado ben a que tribo pertencían os borregos. Insultos ós manifestantes, pedradas, agresións, dous policías feridos por defender a liberdade a manifestarse das persoas alí concentradas…!! Dez foron os “demócratas nacionalistas” detidos. Demócratas, verdade?
4º / Os comerciantes rotulan como lles sae… Ninguén lles ten que impor nada. O seu nome porano en castelán, galego ou inglés etc. dependendo de como se chamen ou como lles guste!! Pero sodes tan demócratas que pretendiades por pelotas “obrigar” a rotular en galego.
5º / Nova equivocación túa ao afirmar que digo: “O castelán está arrinconado en Galicia”. Mentira!! Eu dixen (repasa o meu artigo) “Que a intención do BNG cando pisou moqueta vermella era impor o galego no ensino e deixar arrinconado ao castelán, algo que sigo mantendo e que cambia bastante da interpretación que fas sobre o meu escrito.
Cando falo ou digo que o castelán desapareceu dalgúns sitios refírome ás administracións públicas ou os “medios de comunicación públicos galegos” Todo o mundo pódeo constatar, é evidente. Ti fas mención do privado, a empresa privada, que, afortunadamente ata agora, pode elixir a lingua que lle dá a gana.
6º / Repróchasme e insinúas a miña falta de espírito democrático, por dicir: “Aos nacionalistas canto mas se lles dá mas queren” ¿É que os franceses son antidemócratas por non permitir que nos colexios se estude a lingua bretona ou a vasca? ¿É que eu son antidemócrata por pensar diferente a como o fas ti? O cancro do país son as autonomías amigo meu… e serán a súa ruína, pero isto sería outro tema.
7º/ Falas de dereitos, algo que está moi de moda en todas as bocas, pero moitos son os que se esquecen de que “para esixir dereitos hai que cumprir cuns deberes”. O axioma “Sen deberes non hai dereitos” é mais sinxelo que todo o rollo que longas, pois enrredádesvos cos dereitos. Para os nacionalistas todos son dereitos, pero os deberes nunca os mencionades.
Mentres non vos despoxedes dese radicalismo sectario, nesta terra galega, pouco ou nada ides facer.
8º / Tedes todo o dereito a observar favor da independencia, faltaría máis! Pero esqueces algo (e aí radica a grandeza da democracia) a maioría do pobo galego está en contra. A proba?: só contades co apoio ás vosas teses do 16% do pobo galego, no 2005 tiñades o 19%. Como ves baixou o termómetro, baixou a febre nacionalista… e seguirá baixando, pois está abondo claro que Galicia non é nacionalista. Somos españois, aínda que respecto ao que pensa coma ti.
Eu, Pancho, estou moi ben onde estou, en España, e ninguén, por iso písame a conciencia. Galego si! Pero ante todo e por riba de todo español!.
9º / Dis que es socio da Mesa pola Normalización Lingüística. Paréceme moi ben. Pero cando dis a continuación: Será porque son demasiado galego?. A iso téñoche que responder. Non!!! Élo porque te cres máis galego que os que non pensamos coma ti. Pero non es nin máis nin menos galego que eu, a pesar das diferenzas en opinións que temos. O crerse estar por riba da opinión dos demais, aproveitando a lingua como bandeira, é o voso erro, e así vos luce o pelo en todas as eleccións autonómicas.
10º / Mentes, e non me gusta a palabra, cando dis que o P.P. xa perdeu unhas eleccións, lémbrote que no 2005 o P.P. obtivo 37 deputados, o PSOE 25 e o BNG 13. Outra cousa é que a unión, nada ética aínda que legal, do PSOE e BNG evitase gobernar ao partido mas votado, con gran diferenza respecto aos demais … Pero así vos foi a posteriori.
Si Pancho, si que falo galego e ti sábelo moi ben, pois cando nos atopamos sempre o falamos, pero é o galego de San Miguel, dos campos de Folgosa, ou de Ribadeo. É o galego que sempre falamos. O noso. Non esoutro galego “inventado” e sacado sabe Deus de onde, que será o causante de arrinconar e esquecer o galego que de sempre falamos durante xeracións.
11 / Dis que somos un pobo que podemos desaparecer. Imaxínome que te referirás á lingua, ao idioma. Pero mira Pancho, os sentimentalismos hai que deixalos a unha beira. As linguas, incluídos os pobos, pásalles como a todo: “Nacen, viven e morren”. Lei de vida. A historia está aí para lembrárnolo.
Jose Luis Garcia de Presno