Remato de colgar en Publicado en Ribadeo o testamento de Juan Moreno Ulloa, que me chegou da man dun alumno que fixo un pequeno estudo para a Feira da ciencia de Ribadeo sobre a Torre dos Moreno, Daniel Castro.
Contrastando un pouco o legado datado en Bos Aires no 1924 coa actualidade, nas novas de hoxe: o forte pulo (segundo novos diretivos) de Amigos da Gaita cun cambio de diretiva a partires da asamblea 2007; o retraso do corredor Ferrol-S. Cibrao e o anuncio ‘compensatorio’ de que FeVe está estudando a posibilidade de desdobrar a vía para acadar os… 160 km/h (hoxe a velocidade media non se se chegará ós 60), coa reticencia do alcalde de Ribadeo; quen, despois de ter anunciado Castropol a venda de parcelas na nova fase do seu polígono emite unha nota sobre a comercialización das parcelas do polígono ribadense.