Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un xulgado para Ribadeo


Máis de 40 anos. Iso é o que leva Ribadeo dende que unha xeración enteira estudaban na escola, cantando ‘de carrerilla’, os partidos xudiciais da provincia: “Lugo, Becerreá, Chantada, Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Villalba y Vivero”, así, en castelán, pero incluíndo a Ribadeo. Hoxe xa non se canta, pero tampouco se cantaría ‘Ribadeo’. Fotos a conto da recuperación aínda se fixeron unhas cantas, e promesas a conto das fotos, pero non cumprimentos. Por iso é ó tempo humor negro e precaución considerable, ó tempo que rendición (sería aplicable dicir ‘ante a evidencia’?) que o alcalde non esixa direitamente a xurisdición, ó estilo dos anteriores, senón o “coñecer cales son as previsións da Xunta” para a súa creación.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *