Aínda na distancia, a desinformación parece ser a clave da polémica pola grúa-torre das Figueiras. Pode ter 80m de alto, pero só ten 60. Pode desarmarse, pero aínda non está aclarado se é provisional, mentras se fai outra estrutura ou un traballo concreto, ou definitiva. Así, mentras é dificultoso falar sobre ela, é moito máis doado quedar como parvo se non se fai… ou ser tildado de calquera cousa se, polo contrario, se opina.
Din que información é poder, e iso, a información, estase a negar á xente continuamente, mentras hai polo contrario sobreinformación de detalles, inflacción de información diversa que non ven a conto e desinformación con verdades a medias ou mentiras declaradas e fabricadas por outra beira. é o mundo no que vivimos.