Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Tensionando as Figueiras



Unha vez que a zona asturiana da ría de Ribadeo se puxo a ‘desenvolver as súas oportunidades sobre a ría’, a modo de como antes o fixera a zona portuaria de Ribadeo, xa están comezando a xurdir as protestas. Pasou case sen pena nin groria a protesta contra a nave no porto da Veiga que se ve na imaxe (lembremos que tamén é Castropol), pero non está a pasar a construcción dun aparcadoiro de tres plantas nas Figueiras. A forza que poderá ter a asociación correspondente, “Asociación vecinal Cristo del Buen Viaje”, está aínda por ver, ó igual que os planos que se manexan, que non lles foron conseguidos polo alcalde que, ó tempo, asegura que o aparcadoiro non vai ter impacto. A transparencia nas administracións aínda está por vir.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *