O título non vai en orde… Procurando datos para a entrada pasada atópome co primeiro país do mundo en recoñecer o voto á muller, Nova Celandia, en 1893. E conecto con dúas novas de hoxe; unha, a do paseo por Ribadeo en favor do recoñecemento do nome de diversas rúas a mulleres ribadenses. E outra, a banalización da muller por medio dun sorteo dunha noite cunha stripper… Concepcións ben diferentes da muller no noso mundo.