Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre a Atalaia, hoxe


Despois de falar varias voltas a poucos no blog sobre o tema, aproveitando parte dunhas fotos que tomei xa hai case o mes, inserto hoxe dous artigos, un xa publicado na comarca, de José Emilo Amor, e outro a medio publicar, de Pancho Campos. A dicir que o primeiro (o da imaxe final, que lembro de novo que se pode ampliar e convertir en lexible) trata o tema como único, mentras que o segundo (aquí abaixo) céntrase nel tras un recorrido.

CURSIÑO PARA INFORMADORES

Entre os dias 1 e 4 de Xuño ambos inclusive, algúns ribadenses e foráneos de Ribadeo estivemos a facer o cursiño “Coñece o teu Concello. Coñece a túa provincia” impartido pola profesora Sra. Elena da Diputación de Lugo./ Turismo / Vicepresidencia Terceira.

A intención é ir preparando cada vez mellores informadores da nosa historia local, das rutas turísticas polas nosas ruas e polo noso entorno, paseos polas ruas das zonas do pequeno comercio e das grandes superficies, dos espectáculos que se atopan: obras de teatro e concertos programados, cines, zonas de marcha e de divertimento diverso.

Así, un informador ten que prepararse a conciencia para ter unha comunicación eficaz, entre él, emisor, e o grupo de receptores que o están a escoitar, pero que tamén nalgún momento lle preguntarán por algún asunto, para o cual ten que mostrar seguridade no que está a decir, e os contidos da súa resposta deben de ser correctos, en datas, nomes de personaxes históricos ou de puntos xeográficos. Por outro lado a explicación debe de estar ben estruturada, e a linguaxe será clara e sinxela de entender, evitando tecnicismos que so unhos poucos entenderían.

Logo, depois de facer na aula da Casa da Cultura este cursiño sobre técnicas da información oral, que teño que decir que o meu entender foi excelente, fomos percorrer Ribadeo, por unha ruta previamente establecida na aula, para o que cada alumno tuvo que preparar algo concreto sobre a historia de cada casa, camiño ou monumento que íamos a atoparnos no percorrido a seguir.

Comenzamos na Plaza de España, desde donde se accede a edificios tan emblemáticos de Ribadeo como é o palacio de 1915 dos irmáns Pedro e Juan Moreno Ulloa, conocido como Torre dos Moreno, donde a fachada e de estilo modernista e por detrás de estilo neoclásico, conformando un edificio de estilo chamado ecléctico pola mistura. Nosoutros todos sabemos o precioso que é, pero ó ter que enseñalo a xente de fora, atopamos que o estado de conservación pola parte lateral e de atrás é lamentable. A selva no xardín do seu patio traseiro é excelente para recreo de coscos, limacos e sapagueiras; a ferraxe das portas e balconadas, son dignas de fondear nun acantilado profundo para a cria de corais, cangrexos e matahomes, cual de chatarra de desguace se tratara.

Pola outra banda do parque está a igrexa parroquial de Santa Maria do Campo, antigo convento de San Francisco, de portadas góticas e altar maior de estilo barroco. Digno templo de proporcións comedidas dentro das que o visitante se sinte cómodo, dá gusto ensiñalo polo ben conservado e limpo que está; admiramos as pilas da auga bendita feitas de toclovos xigantes que viñeron das Indias, as magníficas tallas das imaxes dos Pasos da Semana Santa e explicamos que o templo era antigo patrocinio da Casa de Navia-Osorio, Marquesado de Santa Cruz, e estendemonos na súa historia, relatando os escudos de armas das capelas, na da Virxen das Dores: escudo da Casa Villar, con armas de Villar, Castrillón e Pasarón. Na capela da Virxen do Rosario, co escudo da Casa de Miranda, coas armas de Ribadeneira, Villaamil, Castrillón e as doncelas de Miranda. Na capela das Ánimas e do Rosario atópase o escudo de Pedro Miranda e da sua muller Catalina Osorio, con armas de Olla, Miranda, Osorio e Castrillón. Na capela da Virxen de Lourdes, escudo da Casa Presno, con armas de Presno, Acebedo, Baamonde e Pardo. Na capela de San Antonio e San José, o escudo coas armas de Busto, Trelo, Lombán e Luaces.

Seguimos o paseo pola Plaza de España e atopamos o Convento de Santa Clara. Relatamos algo da súa historia que comenza no século XI como beaterio e retiro de damas devotas, transformado en convento no século XV, con gran claustro rectangular do XVIII. Lemos a inscrición que Santa Clara mandou poñer no dintel da porta principal dos seus conventos “Haec est domus paupertatis” (esta é a casa da pobreza). Falamos algo do seu obradoiro de pasteles, tartas, empanadas e demáis “delicatesen” do convento, que se nos fixo a boca auga, é continuamos.

Pasamos por diante do galpón-casa de Información e Turismo, e baixamos por Buenos Aires, antiguo barrio de Figueirúa, por cuxa marxe dereita discurría un trozo da antiga muralla de Ribadeo, onde nós xugabamos de pícaros, hoxe desaparecida totalmente despois de facer as casas no solar da horta e da tamén desaparecida casa de Leopoldo Boado, ¡que sería daquelas estalactitas da cornisa que tanto nos chamaban a atención sendo nenos! ¡da magnífica balconada de vidrieras! ¡en fin…!

Seguimos baixando cara o porto de Mirasol, e contemplamos á dereita o escaso edificio do Auditorio para a poboación de Ribadeo e un pouco máis abaixo xa podemos ver o Parador. Edificio moderno de privilixiado enclavamento para poder contemplar a Ría de Ribadeo e o séu entorno.

Deixamos sin dicir nada da fealdade dos tinglados do porto de Mirasol, e seguimos polo paseo marítimo, que estando marea baixa, contemplamos a desfeita que se está a facer na Ría coa acumulación de area nos tesós, recheos sin ton ni son que non foron nin son xustificables baixo ningun concepto. Contemplamos en primeira fila as mentiras burocráticas das escolleras, que ían a ser lugar de atraque dos barcos de pesca, e fixéronas sin un metro de muelle de atraque e sin haber barcos de pesca, etc. etc.

Subimos a Cabanela, e volvemos rápidamente a baixar, despois de ver con impotencia infinita o que alí se está a facer. Unha igrexa do século XII, escavada e hormigonada polos cimentos e arredores, pero ¿quén é o encargado do noso patrimonio? ¿cómo se pode permitir tamaña barbaridade patrimonial? ¿sabe algún destos señores, que dende o século XII Dª Urraca concedeu a Ribadeo o privilexo de Vila Real, cartas de Fuero e privilexio de Carga/Descarga e que dependía solo e exclusivamente do rey e non de un señor feudal de turno, e que gracias a aqueles fueros, debaixo das árbores da Atalaia se celebraba o Consello do Pobo para facer ou desfacer o que conviñan as 21 parroquias que en 1128 xa tiña Ribadeo, con un espíritu político democrático que para hoxe quixéramos? ¿saben estes señores que desde 1183 con Fernando II, Ribadeo ten a Carta Puebla que lle confire xa o privilexo de celebrar Mercado un pouco máis arriba de Cabanela? ¿saben estes señores do gran desenrolo da pesca da sardiña, da merluza o do peixe salgado no século XIII, e que no século XIV Ribadeo exportaba viño para Francia, cando esta padecía a peste e demandaba viño galego por centos de litros? ¿saben estes señores que debaixo da terra de Cabanela están todos estes vestixios, e que os estan reducindo a escombro e cenizas? ¡Esto é unha vergonza! ¡chegará o día en que a lexislación de Educación obrigará a facer os alumnos que acaben a carreira, un exámen psicotécnico antes de concederlles un título universitario! ¡non se poden dar títulos así como así, a quen adquiere autoridade para facer coa sua desidia demolicións no arte, na historia, na integridade física das persoas… etc.!

Seguimos por Porcillán, vemos a obra da pasarela de madeira sobre do paramento do muelle, e a mín gustoume e os que viñan connosco tamén. É unha obra que parece sólida e en caso de ter que sacala e sinxela a laboura de desfacela. ¿Por qué non se haberán feito con bloque as escolleras e non con pedras de derrubio, para poder desfacelas fácilmente tamén?

Contemplamos as lanchas, botes e os catro iates atracados no Club Náutico é… subimos pola escaleira que da acceso a capela de San Miguel. Alí contemplamos a serea beleza do atardecer sobre unha Ría de Ribadeo en calma. É tempo de descanso e reflexión. Miramos con nostalxia hacia Cabanela e vemos o mamotreto de obra que se esta tamén a facer para “un ascensor” e empezamos a enumerar unha por unha as pautas que poden seguir os de patrimonio, os de medio ambiente, os dos gobernos municipales. Chegamos a conclusión que non teñen ningunha pauta, solo interesa darlle avante a presupuestos multimillonarios que orixinen gasto e boas comisións, e ¡claro, así esta todo o pais encanallado pola política de lucro! e como se decía antiguamente ¡y lo que te rondaré, morena!

Seguimos andando ata O Cargadoiro, e na misma punta explicamos como se cargaban os barcos co mineral de ferro fosforoso das minas de Vilaodriz e os puntos de amarre.

Voltamos atrás polo paseo do Cargadoiro cara as Casas de San Miguel. Subimos por Rosalía de Castro, e chegamos ó Teatro xa moi tarde para explicar os aconteceres da Casa Fábrica, da Sociedade Filantrópica, almacenes de víveres de Casa Gayol, do Ferrocarrilana, das casas de indianos de San Roque…

Como conclusión, dicir que temos un pobo moi bonito e con tanta riqueza ou máis para o turismo, que calquera vila do Norte de España, e se incluímos os castros, é sin duda, o concello máis rico en restos arqueolóxicos da Galaecia antigua ou do mundo celta. Pero teño que dicir, por devoción e obligación a Ribadeo, meu pobo, que fomos os de “O Tesón” de visita o castro de Viladonga, e cal non sería a nosa sorpresa, que nin Ribadeo, nin a Ría de Ribadeo, nin o rio Eo nin ninguún dos nosos castros nin asentamentos prehistóricos do Concello de Ribadeo, aparecen no mapa da Cultura Castrexa confeccionado polos “historiadores” do museu ou de Patrimonio, dame igual quen o fixera. O ninguneo ó que está sometido o Concello de Ribadeo, é, por non decilo de outra maneira, intolerable. E como estamos a ver nas obras que se están a facer con consentimento dos nosos gobernos municipales, moita da culpa é nosa, por non ter ningunha vixilancia dos nosos valores. A patronimia cambiada da Ría de Ribadeo ou da Diadema de Ribadeo é de un paletismo intelectual tan grande que … ¡clama al cielo! Pero non vamos a desistir, xeralmente o que está podre, tírase…

Pancho Campos


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *