Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ligados a Ribadeo


Vía un blog diverso, remato de lembrar un sitio que xa atopara e outro novo: o primeiro, sobre a rede galega de espazos protexidos, incluíndo o LIC das Catedrais ou a chamada alí ‘Ría do Eo’ (si, en Galicia, referíndose á Ría de Ribadeo), e o segundo, unha táboa de mareas de Lugo, con diversos aditamentos, como a saída e posta do Sol en Ribadeo, en horario legal, non UT.
As novas de hoxe inclúen a entrega onte, anunciada con cartelería, dos premios de Ribadeo de tapeo, coa edición do libro (‘que estará a venda nas librarías de Ribadeo ao prezo de 3,60 euros e ademáis quixemos no prólogo facer unha mención especial a unha persoa moi querida en Ribadeo, recentemente falecida, que é Víctor Novo Mourelle que rexentaba O Alén. Desde o Concello, desde a organización quixemos lembrar a súa memoria e adicarlle este libro recopilatorio’, segundo a nota do concello), e a recepción da Q de calidade turística para dúas praias ribadenses, Catedrais e Castros/Illas, dun total de sete en Galicia, o que non está nada mal.
Parece que vai incrementándose a participación para a comisión de festas. Onte, unha participante comentábame de pasada que van polas quince persoas. Certamente, sería unha comisión numerosa.
Tamén trae a prensa a nova dunha ausencia hoxe: a da draga do porto, despois de sacar 124 000 m3 de area, e ‘botala fronte a Burela‘, nunha operación que, botando contas (case 500m de longo e 100 de ancho) implica darlle unha profundidade aparente de dous metros e medio (aperente, porque a area cae no dragado dende o tesón, retirándose o tesón pero sendo incluída nas contas de multiplicar como profundidade).
E xa está inaugurado o gran galpón verde en Castropol (xusto no límite coa Veiga) que se ve dende a estrada a Lugo e que ten algunha entrada adicada no blog (por exemplo, ou mellor, iste).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *