Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mos ou o embigo madrileño


Vexo hoxe na prensa que dúas granxas adicadas ó leite poden pechar en cuestión de días (230 e 107 cabezas, respectivamente). Lembremos: o leite é un produto perecedeiro, e se non se recolle, as vacas pásano mal. Se se recolle e non o venden, a parte de que as vacas seguen a consumir, non hai onde almacenalo …
Mentras, lembrei un título dun artigo da semana pasada: o caso é que metade de España pode quedarse sen internet de terceira xeración porque non é rendible cando a densidade de poboación é pouca. Estámonos afacendo a titulares como ise, que, en base a cousas que non contan coa xente (ista vez é por cuestión puramente de gananciales, pero pode ser por outras, como sinxela iñorancia do que hai máis aló da M40) están a prexudicar gravemente … a nós. Estánnos a perxudicar gravemente. Mesmo sen que nos decatemos.
O xeocentrismo é algo xa arraigado. Coñezo madrileños cosmopolitas (espero que algún aínda siga a ler o blog), pero tamén outros que viaxados ou non, non saben doutro lugar que de Madrid. Certo que o mesmo se podería dicir dos norteamericanos, por exemplo e por iso do imperio, pero a nós quizáis a sección que nos afecta esteña sobre todo en Madrid.
Aínda hai non moito que me relataron un caso que amosa un particular xeito de mirarse ó embigo: Non hai moitos anos, un xefe de delegación local dunha compañía española implantada a nivel internacional na zona de Vigo tivo que dar de alta un cliente. Ponse a teclear e o ordenador non daba collido os datos. Despois de varios intentos, decatouse que estaba a poñer o municipio tecleándoo, pero non aparecía na lista de municipios que a compañía tiña no seu programa a traverso da web e relacionoou ambas cousas. Colle o teléfono e ponse en contacto cos administradores informáticos, en Madrid. A resposta: non está porque ise municipio non existe… O municipio era Mos, e si existía (mesmo con clientes anteriores sen dar de alta pola web, supónse!), pero non foi inmediato o recoñecemento da súa existencia, nin moito menos. E así parece moitas veces: diversos sectores da poboación, nós, non existimos…
Mentras, segue o ‘dumping’ co leite estranxeiro, o que significa regras do xogo comercial amañadas para beneficiar a determinadas posicións xeográficas (algo que hai de sempre, pero que agora afecta á nosa zona de xeito brutal no tema do leite e por iso poñemos máis atención)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *