ALTERNATIVAS E RETRASOS
A primeiros de semana tivemos coñecemento dun asunto que pode ter interes para os veciños. O tendido que proxecta BEGASA-Eon actualmente dende Rego de Galo, en Trabada, ata Reverte, en Ribadeo, pasando polos montes veciñais de As Anzas, Obe e Piñeira tivo polos menos duas alternativas nos ultimos anos. Unha delas conectaba ca linea Doiras-Mondoñedo, pasaria perto de Fornea e baixaria a Barreiros. Segundo as nosas informacions este proxecto foi abandoado pola oposicion do alcalde de Barreiros. A outra alternativa seria unha linea de menos kilovoltaxe, procedente da subestación de Foz e proxectada por terreos que posteriormente ocupou a autovia. Non estamos falando de rumores, porque deste segundo proxecto BEGASA chegou a facer ofertas economicas pola ocupación dos terreos, como esta facendo actualmente en Ribadeo. A nadie debe sorprender que as compañias electricas esteñan barallando continuamente varias alternativas para resolver os problemas de suministro e conquerir os mellores beneficios. Eso cae de caixon. Aquí o que se trata de suliñar e que si esta probado que houbo varias alternativas ao proxecto actual, a empresa promotora debera explicar aos veciños porque elexiu finalmente esta e os poderes publicos democraticos deben exixir estas aclaracions, non porque agora haxa unha protesta veciñal, senon pola elemental coherencia dos representantes elexidos. O contrario e darlle carta blanca a este tipo de empresas para que fagan o que mellor lles veña en cada momento. Asi e como despois veñen as crisis, o paro, os problemas sociais, etc. Poñendolle en bandexa e dandolle todo tipo de facilidades ao capital financiero que non para de especular cas multinacionais da enerxia cos resultados que todos coñecemos. Habera quen diga que non ven a conto, pero no fondo o problema son os dirixentes politicos que practican por norma o “Si Buana” diante dos poderosos e non escoitan as criticas e opinions dos veciños.
Agora imos aportar algunhas consideracions sobre o poligono industrial.
Primeira: As obras do poligono remataranse a finais do ano actual ou como moito a comezos do 2010.
Segunda: O proxecto da liña de alta tension dende Rego de Galo ata a subestación ainda non saliu a exposición publica ao dia de hoxe.
Terceira: O proxecto de liña non foi incluido no PXOM, mentras que a Subestación si foi incluida no PXOM. BEGASA-Eon presentou unha proposta de incluir o tendido no PXOM con data 14 de Xaneiro de 2.008. Mais adiante presentou unha alegación con data 15/5/08. Nin a proposta foi atendida, nin a alegación foi resolta a dia de hoxe.
Cuarta: A xestion da Subestación esta paralizada polo cambio de goberno da Xunta de Galicia, pero hai catro anos xa se sabia que haberia eleccions no 2.009.
Quinta: Mentras non se aprobe o PXOM, o proxecto de Subestación e o Proxecto da linea de alta tension o poligono industrial non empezara a funcionar, non sendo que o abran con “luz de obra”.
O problema e o seguinte: ¿Quen e porque retrasa o poligono? Si se sabe que vai estar rematado antes de un ano ¿Por qué non salen as parcelas ao mercado?.
¡Que casualidade! ¡Que dentro de dous anos haxa elecions municipais!.
Evaristo Lombardero Rico