Collo como título unha cita atribuída a A. Einstein para deixar no blog unha pequena síntese de onte. Para min o que encheu o día foi a inauguración da XV Feira de ciencia de Ribadeo, polo que pouco máis podo dicir doutras novas. Aistitiu á inauguración o alcalde, a concelleira de cultura e o concelleiro de medio ambiente, a parte de a inspectora e directores dos centros de Ribadeo, profesores e familiares de alumnos, e, por suposto, a maioría dos propios alumnos. Reseñar que sae na prensa (por exemplo, aquí).
A parte, xa está en marcha a inscrición para a realización este verán das actividades de pequenos en Ribadeo, mentras que a lancha de aduanas ‘Alcaraván II’ segue mal, despois de ser reparada tras levar 6 meses ‘de baixa’. A reseñar que tamén o Castro das Grobas está nos seus últimos días ó descuberto, pois o venres será tapado despois de coincidir todo o mundo en que este castro de dilatada ocupaciòn temporal, incluíndo a época romana e anterior, será tapado de novo para evitar o seu expolio.
De ilustración final a traseira dunha casa ribadense.