Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Oportunidades


Onte mesmo apuntáballe a un representante do concello da conveniencia, ó meu ver, da existencia de guías no concello que permitira dar un paseo guiado por Ribadeo (como se fai noutros cascos urbanos) e mesmo que permitiran achegarse a lugares fóra do casco, como a zona da Illa Pancha, o Cargadoiro, Santa Cruz ou as Catedrais. É algo que non é a primeira vez que o comento, pois coido que pode dar moito de si, e se o concello ten a iniciativa de levalo adiante, pronto se poderia sumar a iniciativa privada. Pois Mira ti por onde hoxe aparece na prensa que a Deputación formará a guías sobre Ribadeo. A nova en conxunto, véxoa un pouco confusa, pero a oportunidade está ahí e coido que debe aproveitarse; en todo caso, pode haber tempo de limar algunha aresta que poda ter o plan.
Outra oportunidade que comeza hoxe está no ciclo de Historia de Galiza comezado por Mariña Patrimonio, que tratra do tema dos castros e que hoxe ten disposta unha visita a diversos castros de Ribadeo, todos eles citados no castro de José Mª Rodriguez, e entre eles, ó das Grobas, auténtica estrela emerxente no panorama castrexo galego. Será unha excursión máis, despois das de iniciación que ten realizado a avv. O Tesón, e preludio das moitas que son previsibles no futuro. No estado actual, o que se pode barallar é o tempo que levará facer o plan, procurar os cartos e poñerse mans á obra coas escavacións e posta en valor, non se se poñerá en valor ou non no futuro. E, nese sentido, ó estar concentrada a titularidade dos terreos en man pública facilitará enormemente as cousas.
Mentras, segue a tele de visita a Ribadeo. Se antonte era a TVG quen viña a facer unha reportaxe sobre o desliz de Google con ‘Ria de Ribambo‘, aínda sen corrixir a pesares da nota de O Tesón, (e sen emitir ata a próxima semana polo menos) onte vin varias veces equipos de televisión con diferentes motivos: a presentación da XV Feira da Ciencia de Ribadeo, a charla de José Ángel Docobo sobre Historia da Astronomía (por certo, que buscando biografías para ligalas aquí, non atopo ningunha, o que remediariei en breve para que este científico de primeira fila traballando na USC e no Observatoro Astronómico Ramón María Aller teña algo máis de relevancia que unha pila de artigos científicos citados na internet e unha única aparición como persoa, como Presidente do CB Obradoiro de Santiago), ou unha entrevista a opositores á liña de outa tensión para subministrar á que se pretende sexa a Subestación eléctrica de Folgosa.
Nota final: xa está comezada a biografía de José Ángel Docobo Durántez.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *