Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

As Grobas, en potencia


O potencial das Grobas comeza a ser algo máis que un potencial. Coido que é o resume da nova que di que xa se descubriron os primiros restos de cerámica e que hai indicios de que o recinto estaba amurallado, é dicir, non só con depresións defensivas. O alcalde quería que aparecera ‘un trozo de cerámica’, algo que dera pé a esperanzas. Pois xa hai máis dun, e esperanzas fundadas de que a cousa vai ir a máis, e polo tanto, teremos cerca de Ribadeo un atractivo histórico de primeira orde. As catas rematan en dúas semanas, co que hai tempo aínda de profundizar nos achádegos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *