Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

12 contra 4 en 577


Así foi aprobado na Asamblea Nacional Francesa, con 12 votos a favor e 4 en contra, de 577 persoas que deberan estar presentes (e non estaban despois de 40 horas de debates). A lei? é o de menos; corresponde á lei dos tres avisos para desconexión de internet por descargas que alí son ilegais. Non importa que o Presidente dixera que a votación non sería de xeito inmediato ó debate, ou que a UE aconsellara en contra. O caso é que o Presidente cambiou de opinión no último momento, esixiu a votación xusto a continuación e ise foi o resultado. Participación democrática de máis de 60 millós de cidadáns, 16 votos en total


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *