Despois do reseñado en “Pleno de 16 de marzo de 2009” pasouse a Rogos e preguntas, que non vou a desgranar unha a unha proque foron moitas. Pero si algunhas que considerei máis importantes ou curiosas:
Reiterou F. Rivas unha pregunta de hai 3 plenos sobre o número de turistas provintes do Uruguai. A pregunta, clara e cristalina, en relación coa viaxe a quel país efectuado por representantes municipais da zona (incluída Ribadeo) ó Uruguai o pasado ano.
Pediuse a retirada de carteis eleitorais: no que eu lembro, váise convertendo en tradición o incumprir o tempo de poñelos e de quitalos. A conta diso, o alcalde lembrou a extralimitación da propaganda acústica da UPRi nas leccións locais (algo sobre o que segue sen actuarse, esto da contaminación acústica…)
Dende hai tempo hai os venres, á entrada do Pazo do concello, un atado con unha tira de exemplares de ‘La Voz de Galicia’. Parece ser que non se pagan (alomenos, polo concello)
… pedindo atallar as cagadas de cans. Como desculpa, o alcalde relatou un caso dun can que cagou no parque … á beira do amo e diante do propio alcalde. Pero quedeime sorprendido de que o alcalde non dixera que fixo a continuación (e quedei sen sabelo, claro)
A reparación da estrada da piscifactoría (ver por exemplo un post coa lagoa Cascos en foto) deu lugar a unha explicación de futuras próximas reparacións a conta de entidades diferentes do concello, para aforrar cartos.
Lembro que a petición final de José Carlos Rodríguez (ver post anterior en Ribadeando) foi para establecer o uso dunha normativa e acortar os plenos, algo que non estaría de máis, aínda que entendo que tería como contrapartida o que foran menos amenos e menos intelixibles. Os actuais, máis calmados (a Deus grazas) do que foron en tempos non moi lonxanos, non deixan de ser didácticos e listrativos en moitos sentidos, o que pode que inflúa no aumento relativo de xente asistente.
Quedaron para despois do pleno, coma sempre, as preguntas das asociacións, que, coma sempre, foron só de O Tesón.
A primeira (ver a ligazón) sobre o regulamento de participación cidadá, deu lugar a unha resposta ambigua, no sentido en que se consultará se está vixente o regulamento do 90 ou non, e que non houbo tempo para dar pulo a un novo regulamento (a lembrar que foi presentado xa polo Tesón no concello e na Mesa de asociacións, a parte de enviado a tódolos partidos).
A resposta á segunda, sobre vagabundos e mendigos, comezou co recoñecemento de que algunha medida está tomándose (non dixo cales), pero con resultado débil, por ser un tema complicado: a P.L. non ten dereito a botar a xente da rúa, e non e cousa de poñerse como en Marbella, en plan nazi (o alacalde non empregou esta verba). Coido que hai cauces entre o ‘laissez faire’ e o nazismo, respetando ás persoas. Pero, igual que noutros campos, hai moito que camiñar para facer as cousas medianamente ben.
Sobre as obras de compensación de exposicións, aclarouse que o depósito está na Casa do concello, e que está previsto que a concellería de cultura distribúa obra cedida para que sexa realmente usada, pero está pendente de regulamento. En troques, o tema da lista de obras e o cotexo entre as obras e as exposicións, para ver que a norma se aplica por igual a todo o mundo, quedou sen resposta algunha, polo que o tema voltará a saír.
Respecto ó pago á SGAE, quedou claro que este ano non rematou para saber canto se lle dará, quedou clara a existencia dun convenio marco coa SGAE e o rexeitamento do alcalde de que haxa que pagar por cousas como a actuación da banda de música, incluíndo temas xa de dominio público (algo que lle parece ‘indigno’). Deixou claro que daban ganas de voltarse insubmiso, pero non son cartos del, senón dos viciños (a entender que debe xestionar para evitar represalias ós viciños, non que os cartos están sendo xestionados dun xeito menos estrito que se foran propios)
En canto á pregunta, quedou en cursar a correspondente petición a Fomento, comentando que incidía nunha das preguntas feitas no mesmo pleno por un dos grupos (Ramón, PSOE)
Poderían facerse máis comentarios, pero coido que por esta, queda mellor así, deixando claros os comentarios e circunscribíndoos a temas e repostas puntuais.