CONTAMINACION ELECTROMAGNETICA
O pasado 31 de decembro presentouse no concello un escrito asinado por 163 veciños pedindo información sobre o proxecto de subestación eléctrica e tendido de outa tensión promovido polo Concello de Ribadeo, a Consellería de Industria, BEGASA e SEPES. Ata esa data a única información disponible procedía dos medios de comunicación. Na nota dos veciños non hai o mais mínimo comentario contra o proxecto en si. Simplemente se pregunta polo trazado, distancias ás casas, normas de protección, etc. A nota vai dirixida ao Sr. Alcalde de Ribadeo, ao Sr. Conselleiro de Industria e ao Sr. Conselleiro de Medio Ambiente. A directiva comunitaria 4/2.003 obliga a tódalas administracións a dar a información no plazo de un mes e si moi complicada no plazo de dous. Ata ahí os feitos moi resumidos.
Ao cabo de poucos días o Sr. Alcalde de Ribadeo da unha nota de prensa da que suliñamos os puntos seguintes:
1.- O concello non ten información sobre o proxecto nen pensa facer ningún esforzo por conseguila. Ao Sr. Alcalde parecelle normal que BEGASA e a Consellería de Industria leven varios anos negociando e manexando información sobre as casas, as persoas, as propiedades, o catastro, etc. e os veciños teñan que estar caladiños, agardando a que se publiquen os acordos secretos dos gobernantes e as grandes empresas eléctricas. E a eso chámalle defender aos veciños.
2.- As primeiras noticias, non desmentidas por ninguén, falaban de que se proxectaba unha linea de 400.000 voltios. Agora o Sr. Alcalde fala dunha línea de 136.000. Despois menciona un punto de conexión que non concreta e dunha línea de media que irá soterrada. Todas estas noticias eran descoñecidas ate o momento actual. Ou sexa o Sr. Alcalde sabía moito mais do que decía e que agora empeza a soltar por contagotas. A saber o que sigue ocultando.
3.- A nota publicada na páxina web do concello menciona por duas veces a tensión media e unha vez a outa tensión, referíndose ao tendido de 136.000 voltios. Non sabemos se intenta confundir aos veciños ou o confundido e el. En todo caso é gravísimo que o Sr. Alcalde de Ribadeo, que asina este convenio cunha das grandes empresas do sector eléctrico non saiba distinguir entre media e outa tensión. Compre suliñar aquí que o devandito convenio con BEGASA nunca se fixo público e ninguén o coñece.
4.- O Sr. Alcalde de Ribadeo considera que BEGASA non se pode equivocar e ven a proveernos de corrente eléctrica por unha especie de altruismo ata agora descoñecido. Algo así como a nai Teresa de Calcuta da electricidade. Por eso perdeu un xuicio no Tribunal Supremo pola Subestación de Mondoñedo, que viña funcionando sen licencia de actividade dende moitos anos atrás. En realidade BEGASA ven chantaxeando ao concello de Ribadeo dende hai varios anos, exixindo unhas condicions draconianas para reforzar as líneas e retrasando a posta en marcha do polígono industrial co silencio cómplice do noso rexedor e o seu equipo.
5.- A nota do concello afirma que se vai cumplir a legalidade pero non recoñece a obriga de cumplir a Directiva Comunitaria sobre información ambiental 4/2.003, que exixe a tódolas administracions, incluida a municipal, facilitar información no plazo dun mes ou de dous se é moi complexa.
6.- O dia 1 de marzo de 2.008, nun mitin electoral celebrado no Valadouro o Sr Fernando Suárez denunciou o trazado da linea de outa tensión Boimente-Pesoz e afirmou literalmente non nos podemos fiar de quenes calaron ou quen definiu este trazado…e mesmo criticou a boa parte dos concellos da zona que non alegaron ao proxecto.
O dia 6 de decembro de 2.008 o voceiro do BNG no Congreso dos deputados pedia a retirada do proxecto de trazado da linea de outa tensión entre Boimente e Pesoz, polo seu grave impacto medioambiental, ganadero y turístico.
Observe o lector obxectivo cómo nos tratan só por pedir información e calcule a onde chegarían se seguíramos o seu exemplo pedindo retirada do proxecto.
7.- O Sr. Alcalde Ribadeo utiliza a páxina web do concello, que pagamos todos os veciños, para lanzar insidias venenosas contra os que pretenden azuzar a rio revolto, sin decatarse de que son el e BEGASA os únicos que aquí están manexando métodos goebelsianos, insultando, ocultando e negando información ao vecindario.
Evaristo Lombardero Rico