Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Xuntanza na casa da Xuventude. Tema: Plan Sectorial


Fágome eco da convocatoria dunha xuntanza para o plan sectorial ás 5 desta tarde na casa da Xuventude.
O plan está a levantar ampollas… e el e outros plans seguirán a facelo mentres non se conte máis coa xente neste país.
Seguiremos a escoitar falar del. A parte da entrada que teño prometida, O Tesón sacará en breve unha nota de prensa, a Atalaia presentará un escrito, e coas alegacións do alcalde e a oposición da oposición, está segurada unha longa etapa de transición no plan.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *