Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A era da inocencia


Cito dun artigo de Josep Ramoneda: “A política ten que perder o medo. Pero para iso ten que recuperar a confianza perdida. A política só pode avanzar se a cidadanía a segue, e para iso a cidadanía ten que ver que se sabe cara onde se quere ir e que hai certa equidade no trato. Por exemplo, que os responsables da crise o paguen. (…)”
Non son grandes verbas. Non son verbas novas. Pero unha volta máis, fan pensar. Quen somos, de onde vimos, a onde imos… preguntas arquetípicas dos individuos da nosa especie, extendidas agora tamén á sociedade (e ás sociedades) en conxunto.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *