Parece ser era unha das reglas seguidas polos publicistas antes da chegada masiva de internet, e segue aser usada. Decátome dela a propósito dos villancicos de Nadal en Ribadeo, 10 horas/día, festivos e horas de comer incluídos.
Engadiríalle ó dito publicitario “Se aínda así non das feito, canta igual calquera cousa”, pois a comedura de coco podería ser igual de válida …
– se non hai rexeitamento en parte da xente á que vai dirixida (polo aturdimento que produce, por exemplo)
– se non pagas á SGAE polas cancións (porque xa paga o concello -30 000 € o pasado ano-, todos, polo que ti pos, tamén por exemplo)
– se non te requiren para que baixes a intensidade (=’volume’) da música (porque a normativa non se cumpre e da igual)
– se non evitas que se fale do bo ou mal comercio que estás a intentar veder (porque a música, se non chega a un certo nivel, non evita as conversas)
…
Asi, adiante, se podes evitar os aspectos negativos.
En caso de que non esteñas seguro de poder evitalos, será mellor que avalíes se os pontos positivos (haberá que ver antes cales) pagan a pena.