Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O porto de Ribadeo, de novo


    O día 9 deixei un post sobre a carga no porto que entendo que na actualidade é abondo eficiente, pero iso non evita que poda saír algunha idea que a mellore. Nos comentarios adiantei que voltaría a tomar o tema máis adiante, se ben con poucas novidades. Dous conxuntos de fotos sobre a circunvalación de Mirasol despois, aquí vai o novo post. 

    Con anterioridade teño deixado moitas outras entradas, como iste ou 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, … e moitas máis (ver os arquivos de xuño, xullo, agosto, setembro, anteriores, … destacando quizais en particular ista ou ista outra sobre mencións do tema na prensa). 

    Despois de todos eles, de cara ó pasado non teño moito máis que dicir. Sobra o que, como en xeral a quelquera que pense un pouco no futuro de Ribadeo, o porto ten importancia nese futuro, igual que a tivo no pasado. Sobra tamén o dicir que o porto non pode manterse no século XXI como a comezos do xéculo XX, pero tamén cabe dicir que houbo decisións de fóra de Ribadeo que tiveron abonda máis importancia que a manifestación, que se un barco de 120 m para xirar xa invade a zona que non é de portos (e queda encallado), algo falla xa na situación e/ou nos estatutos do porto tal como están an actualidade, que no balance de empregos está abondo obscuro que se se construíra unha gran nave a cousa fóra saír positiva, que o recheo anterior ou o anterior máis teñan servido para algo máis que para solo barato, … e non se pode dicir que a causa da manifestación Gondán xa non finaliza os barcos aquí, porque non é isa a causa. Nin tampouco que o transporte de pasta de papel se vaia definitivamente para Xixón (ou non, que carga de papel noutros portos ten habido), pois xa teño comentado a táboa de tempos e non coincide con que a culpable sexa a manifestación.

    Ou sexa, aconsello mirar as entradas anteriores, ou en Technorati abaixo, ou en google, para discusións que xa se tiveron.

    Respecto a cousas novas do porto, aí están os derrumbes, a circunvalación e tamén sinxelamente o xeito de facer as cousas ou outras alternativas. O artigo de Pancho (o que reseño antes co nº 5) apunta algunha suxerencia, a parte do tema que se intentou soslaiar varias veces con éxito do porto exterior. En canto ós derrumbes, manifestan unha vez máis algo evidente: en xeral o porto fóise facendo sobre ideas puntuais de xeito rápido, necesitando dende hai tempo dun plan xeral estudado e consensuado. Algo que non se deu e no que se insistiu durante o proceso que tivo lugar contra a nave.
Os derrumbes parece que costou pouco traballo evitalos no futuro. Pero sucederon. E que non costara moito non foi causa de que se tomaran as medidas oportunas para evitalos. A ver se aprendemos e aparece tomada en considerción a idea do plan para o porto, non para unha ampliación, recheo, circunvalación ou nave, senón para todo o porto.

    En canto á circunvalación, a auga case pasada, pouco hai que dicir. No parece que vaia quedar mal como vía, en canto a amplitude e prestacións de comunicación.

    Si que vai ser a confirmación dun pequeno muro fronte á ría, alonxándoa máis da xente de Ribadeo en canto se peche o porto. Costa traballo crer que ó final se vai cerrar, poñendo dúas persoas nos dous extremos onde están previstas as portas, despois de anular xa una recén feita, outra sinal máis de improvisación sobre a marcha.

    A conta dun estudo escolar sobre varios aspectos da ría, tiven información de que algunha vez se ten feito a medida ‘oficial’ das mareas. A falta de recibir máis información, e con isto remato por esta vez, coido que debera facerse xa de novo, e dun xeito máis amplo do que se ten feito, xunto coa actualización da sondaxe da ría. Facer estudos previos custa menos que meterse a obras e pode evitar algunha cousa que algunhas obras non fan máis que empeorar, e volvo a mencionar o que quedara varado o barco hai pouco tempo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *