Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mañá hai convocada unha manifestación


Avisáronme de que mañá sábado hai convocada unha manifestación. Ás 11 diante do concello. Trátase de protestar polo “Plan Sectorial Galego de Solo Residencial “, polo que o concello sacou unha nota de prensa o día 18, e mantivo unha xuntanza informativa coido que o día anterior.
Certo é que o prazo para alegacións non é moi aló (termina mañá), e que hai que ver os detalles máis do que eu os teño visto, para evitar pronunciamentos en balde. Por exemplo, fálase na nota de prensa de 30 000 m2 para 105 vivendas, o que representaría … 280 m2 por vivenda, o que evidentemente está mal. Tamén se fala de reservar 4 500 m2 de zonas verdes, o que representa algo así como 42 por cada vivenda. Esas medidas corresponde aproximadamente de xeito exacto ó que estaría encadrado na zona entre Antonio Otero e Ibáñez, co que en principio non sería nada nvo.
Pero o que si da algo para pensar é o que pon que as vivendas protexidas estarían ó alcance de caquera que non chegue ós 4 000 €/mes. Non entendo moi ben que, por exemplo, alguén que esteña nos 3 000 €/mes teña dereito a unha vivenda protexida. De xeito parello, e segundo as informacións do concello, hai disposto para o tema cousa de 3,5M€, o que fai un importe de 33 000 €/vivenda, coido que “algo” inferior ó necesario. E como se trata de expropiacións se non se vende de boa fe, aí está un importante asunto, aínda que supoño que só será unha cantidade inicial ou para facer só un dos temas previstos.
Polo demáis, consolidar a vivenda no centro é loable, e nese sentido, coido que a moita poboación que non está dentro da área configurada polas rúas ditas lle gustaría que a súa zona entrase no plan.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *