Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un contraste


    Ocórrese ler a prensa para ver que traen de Ribadeo mentras a nova páxina do concello segue sen novas dende o 10. E a nova que trae é que os comerciantes van contribuír a pagar unha ambulancia para o Sáhara. E tamén que xa se vai poder contribuír á homenaxe a Calvo Sotelo. Ó premer na Voz de Galicia sobre a noticia, e debido ós vericuetos dos algoritmos de promoción de anuncios relacionados coas novas, atópome o que se ve na pantalla: a nova acompañada dun chamativo anuncio dinámico sobre a crise, de outro sobre contas bancarias e dun terceiro da Deputación Provincial, tamén dinámico, para anunciar … os fondos estatais para os concellos.
Coido que a presentación das novas ás veces é contraproducente.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *