Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha e mil vivendas


Mergullándome para buscar unha serie de fotos atopeime con esta xa vella (2005) foto do ascensor da Torre dos Moreno (algunha das citas e fotos en Ribadeando: 1, 2, 3, 4, 5, 6, … hai moitas máis), unha das casas da serie de Casas de Indianos do blog, que aparece tamén recollida na Galipedia. O ascensor, se non lembro mal, é o máis antigo da provincia. E ven ó caso da nova aparecida onte na prensa: A Xunta ‘deseña’ áreas na zona para facer mil vivendas. Xa será algo menos, e non creo que o tipo e xeito se pareza moito a este monumento (aínda a pesares do seu estado por mor da area salgada que é a base da súa construción e que tantos problemas está a dar).

Claro que en Ribadeo ó mellor teñen que comezar a protestar os nenos como en Guitiriz para que se fagan algunhas cousas (A casa da xuventude para nenos?)

Por certo, e falando de nenos, estou totalmente de acordo coa unificación de calendarios de vacunación. En Ribadeo xa experimentei que pode crear problemas pola proximidade a Asturias.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *