Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Paradoxos



Atopámonos con que, despois de construír onde non se debía (algo que segue a pedir moita xente) na Veiga durante moitos anos, agora van pedir declaración de zona catastrófica. Si, seraáo, pero, a ter claro que despois da distribución de construccións que se fixo, voltará a haber riadas de xeito natural.
Os gandeiros da UE que se reuniron nunhas xornadas en Ribadeo téñeno claro: en tódalas partes cocen fabas. é dicir,en tódalas partes perden cartos co leite. E é que se fomentou a súa producción de xeito indiscriminado, caendo na sobreproducción e o descontrol polos productores da mesma producción que os gandeiros proporcionan. Coa superproducción, quen manda son sos comercializadores. Os resultados, á vista. A auga pasada (mellor, presente) tampouco é un tema doado de solventar. Cambiera o sistema de relacións de producción-comercialización-consumo? Non parece que sexa para hoxe, e mentras os gandeiros venden o leite moito máis barato que o mercamos os consumidores.
Dous anos despois de ‘Ribadeo Falls‘, resulta que xa se empezaron a esixir amaños nas casas ou o pago da actuación subsidiaria do concello. É paradoxal que sexa agora precisamente, a conta dunhas choivas copiosas pero non tanto, cando se vexa o deterioro do casco antigo e das medidas precautorias na construcción.
Paradóxico asemade que se esteña pensando o limitar as visitas a Augas santas cando se está tentando levar a cabo outra agresión máis en forma de aparcamento alí á beira.
As persoas moitas veces somos paradóxicas. Incoherentes. Moitas veces, serve sinxelamente para vivir. Pero todos sabemos qeu os paradoxos ou se limitan ou pasan a ser cousas como imposturas, cinismo ou mentiras. A secas.
A foto, ondas expandíndose na ría, á beira de Mirasol, como preparación de varias series. A notar que a auga ten dúas coloracións: en parte, pola sombra das naves, pero magnificada pola turbidez da auga da ría despois do arrastre de materiais polo caudal dos ríos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *