Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A manifestación, dende dentro


    Recomendo botarlle unha ollada a ‘Masa e poder’, de Elias Canetti (en castelán hay edicións diversas, mesmo dentro das obras completas; aquí, un comentario abondo crítico co libro) para ter unha comprensión un pouco máis meditada que a miña sobre o que significa unha masa de xente, neste caso, aplicado a unha manifestación.
Dende dentro, coido que pode observarse dous conxuntos de cousas diferentes. 

    Un primeiro sería o relacionado coa organización. ‘Punteado’ das necesidades, distribución das tarefas, tempo límite para facer determinadas cousas, realización de cartelería, procura de apoios económicos, procura de apoios loxísticos, procura de apoios morais e participativo/presenciais, relacións coa prensa (radio, tv, …), procura da infrastrutura necesaria, petición de permiso para realizar a manifestación, acordos de mínimos entre partes encontradas, resposabilidades de cada persoa do conxunto, etc. É dicir, un mirar introspectivo dentro da organización. E require organización, sobre todo, porque hai si, unha organización en frente coa que un se topa unha vez que decide moverse en temas dicersos, por exemplo, de interese económico. É dicir, detrás dunha manifestación hai algo máis que unha ideas, hai unha determinación de expandila, universalizala. 

    E isa é a segunda parte. Cando se organiza unha manifestación deste tipo, parece que en frente non hai nada senón un poder establecido cunha idea que hai que cambiar. Non obstante, sinxelamente por ser poder establecido (sexa político, económico ou do tipo que sexa), a manifestación atópase cunhas ideas en contra, previas (se non, non sería necesario facela) que levan por elo unha certa ventaxa e que se consideran por parte da poboación como verdades incontrovertidas aínda que non o sexan. Istas ‘verdades’ non teñen por que ser defendidas de xeito explícito pola xente que as mantén: aí están as entidades por detrás para deixalas caer e que se espallen; as verbas dun mandatario son recollidas e reproducidas unha e mil veces, de xeito que rematan por ser consideradas verdade sen proba, mantidas en abstracto, e o mandatario ou empresario de alto copete, pasa a ser o ostentador da verdade ó que hai que desmontar. É dicir, lóitase así contra un posto e o que significa (o poder que da,mesmo en cousas que non teñen que ver co seu cargo) e contra o que se podería chamar a súa excrecencia, o ‘produto’ que adquire vida propia. 

    Hai que advertir que non son ‘filosofías’, senón sinxelas constatacións, ó mellor non moi ben exresadas. O caso é que esas ideas ‘verdadeirizadas’ crean unha especie de masa no sentido de Canetti, masa que se autocrece e que para facer recuar no seu tamaño resulta difícil se non se lle opón outra masa. É no enfrontamento entre ambas no que se pode lograr o desfacer a masa crítica dunha delas. De aí que as manifestacións con pouca xente sexan contraproducentes, e que se necesiten manifestacións multitudinarias para amosar que a maioría non está de acordo coa idea previa, coa idea do ‘poder’. 

    Ben, pero non estabamos en que a grande maioría do pobo se opón á nave? Estimo que si, pero na realidade a grande maioría non fala de xeito audible, por medo a uns ou a outros (por moito que as ‘forzas opositoras’, precisamente por selo non teñan gran ostentacion de poder); e mentras non sexa un falar audible, é relativamente doado para quen ten o poder da comunicación o instrumentalas dalgún xeito. Aí está que a prensa recollera no seu momento manifestacións individuais en apoio á nave, sen disimular siquera que ditos apoios viñan de xente que ten intereses direitos (por exemplo, como empregados dunha determinada entidade) no tema. 

    Mentras, víume á cabeza unha serie de citas que tiña anotadas. Deixo a continuación algunha tomada dun artigo de Eduardo Galeano, Collar de historias, publicado en Le Monde Diplomatique en agosto de 2008 (citando verbas de Domitila Barrios): 

    ‘Nuestro enemigo principal no es el imperialismo, ni la burguesía, ni la burocracia. Nuestro enemigo principal es el miedo, y lo llevamos adentro’
‘Juntarnos (…) para defender el valor de nuestros derechos. Bien juntos están, aunque de vez en cuando simulen riñas y disputas, los pocos (…) ricos que ejercen la arrogancia sobre todos los demás’. 

    ‘Al que no sabe, cualquiera lo engaña, y al que no tiene, cualquier lo compra’.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *