Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Recollendo a edición


A partires de agora irei de novo recollendo a edición de entradas, pouco a pouco e vendo algún tema atrasado, como o da manifestación. Pero ise é un tema longo, non para agora mesmo.
Hoxe, en troques, vexo nun mesmo xornal que Mahía restrutura a débeda para asegura a súa actividade inmobiliaria, o que fai despois de pedir varios millóns de euros ó concello polo tema do Costal. E tamén, que Ribadeo multa a cinco empresas con 1M€, algo xa vello que é recollido non na sección da Mariña, senón na parte xeral adicada a Galicia. Coincidencia do recordatorio? Non o sei…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *