Visto que o máis importante que ocorreu onte en Ribadeo parece ser que ‘encallou’ o camión que traía carpa para a reunión do PP con Feijóo, non fago máis comentario que o remate das xornadas de Medio Ambiente, coa segunda parte da charla sobre urbanismo que comecei onte.
Para retomar a charla de urbanismo collo dúas citas:
– “Non podiamos actuar no dominio portuario “, referíndose a cando o charlador levaba o PXOM de Vigo. E entronco isto coa nave no peirao de Ribadeo. É evidente que non é o mesmo caso, pero reforza a miña pregunta de ata que punto o alcalde pode parar o da nave.
– “Se non deixas a dinámica de traballo normal, quédaste sen a area”. Referida ás praias en xeral, lembra que non só te podes quedar sen area, senón que tamén podes ver a area convertida en fango, e así, mirar para a ‘praia’ dos Bloques da unha idea de que a construcción do espigón, como xa sabía Isidoro Asensio Amor, despois do peirao, non ía resultar moi aló. Por certo, que digo que xa o sabía porque na biblioteca municipal Viejo Pancho de Ribadeo existen separatas de artigos seus que así o testemuñan.
Seguindo coa charla, había unhas cantas ideas clave para levar adiante o PXOM de Vigo (e calquera outro); entre outras:
*estratexias ben definidas, a idea de unidade do territorio, é dicir, non considerando zonas cunha relación moi débil
*conferir á cidade a condición de grande espazo público (en troques de considerar a privatización do espazo, ver foto á beira)
*focalizado na calidade de vida de toda a cidadanía (xa comentei onte, as plusvalías, no mundo en que vivimos, son aceptadas e mesmo convintes, pero de aí a ser o único a considerar…)
*xestionable: Un plan que non se pda xestioar de xeito adecuado é letra morta e dos peores que se poda poñer en marcha
*con contas craras: debe de ir acompañado dun estudo que permita saber de onde se vai sacar os cartos para as actuacións, de xeito que a mesma aplicación do plan poda xerar os ingresos para automantelo. é dicir, sabendo quen vai pagar
*en equilibrio harmónico entre a preservación do medio ambiente e do medio urbano
… e cumprindo a diretiva 42/2001 da UE, contando dun estudio de manteilidade ambiental.
Cabería preguntarse cantos destes puntos cumpre o PXOM en trámite en Ribadeo, tendo en conta que son indicativos ideais.
Pasando a outras charlas, Carlos Gil, de Costas, fixo un panexírico da actuación da súa instituiń que non daba lugar a máis comentarios, despois do tema da pavimentación costeira en Lugo, e de anunciar actuacións en Ribadeo: Ruta das cetáreas en Rinlo, ascensor da Atalaia (no que por certo quedoume claro que o mirador da atalaia vai quedar gravemente tocado nese ese uso), rehabilitación dos astaleiros, Alginatos e os muiños (de marea, río e vento) co paseo costeiro, e a prospección de 80m2 no castro das Grobas.
No resumo final das xornadas, quizais reseñar a necesitade de transparecia e participación de cidadáns nas actuacións da administración.
Para rematar o tema das xornadas, dicir que onte pola mañá foi o paseo en barca pola ría. Irán saíndo moitas fotos no blog sobre ese paseo. Unha mostra, a foto inicial do artigo, onde se ve o cargadoiro e unha casa ó final que pode facer pensar sobre a aplicación continuada da prohibición de construcción nos 500m de beira litoral.