Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Subeu a luz


Mentras, aumentou o paro en xuño, un mes no que tradicionalmente diminúe. De paso que sube a luz, a semana pasada houbo en ribadeo varios cortes. Un deles, de un par de segundos, retrasoume nunha xestión arredor dun cuarto de hora. Xa lle preguntei a varios empresarios ou empregados polas queixas: parece que as que hai son internas, dentro das compañías, ou no bar, e pouco máis. E… Begasa envía un escrito ás asociacións asinantes da protesta de hai máis dun mes, escrito que se pode ver e xulgar en ‘Ribadeo historia‘: ven a dicir que BeGaSA cumpre, e sobran máis comentarios, exceptuando sobre o que facer a continuación. Con tempo (leva xa tempo mal a luz en Ribadeo), pero procurarase dar unha resposta axeitada.
Mentras, hoxe hai unha inauguración dunha exposición:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *