Collo unha foto xa vella tomada no escaparate de Foto Miguel, do día seguinte ó enterro de Calvo Sotelo. Fáigoo un día no que di a prensa que a familia ve con bos ollos unha homenaxe.
Teño tamén unha foto do mesmo día seguinte no cemiterio, que non poño porque non quero que se considere unha falta de respeto: os mortos meréceno e Calvo Sotelo non é unha atracción turística. Pero o certo é que aínda a semana pasada uns foráneos (‘barceloneses’, dixeron) estaban á procura da tumba no cemiterio. E con ela, das da familia. Non é estrano, pois non ten ningunha identificación, pero lembreime deses cemiterios onde se acubillan persoeiros diversos e se converten en lugares de peregrinación para seguidores. O cemiterio estaba vacío e atopei o tarro de vidro con flores que adornaba a tumba tirado. As fotos de Miguel amosan que o día do enterro, o paso non estaba baleiro nin mesmo pola volta turística que deu o coche fúnebre pola súa casa, o porto deportivo, etc.
As novas de hoxe son sinxelas: a parte da antedita, os ganadores do concurso de tapas ‘Ribadeo de tapeo‘ e que o surtidor de Ribadeo ‘Eroski’ deixou de ser o máis barato da provincia. Respecto desto último, noto unha cousa en xeral: o gas-oil é de peor calidade que hai cousa dun ano, pois rende menos. E non só o de Eroski.