Esperei a poñer a nova para facerme unha idea. Agora téñoo claro: é un dos chamados ‘globo sonda’. Refírome ó proxecto de construcción en Mirasol dunha nave de 25 m de alto que cubriría peirao e zona de auga para protexer a carga da pasta de apel os días de choiva. Lémbrome de que cando a polémica para o último recheo polo momento (lembro, 8000 m2 de superficie de peirao a costa da reducción de 100m de beira), portos dixera que non se ía construír sobre o peirao. Aquelo de onde dixen digo, digo Diego, que en relacion ó recheo estreara o anterior alcalde (pódese ver en diferentes sitos do blog información sobre a traizón e sobre o recheo; non poño as ligazóns porque serían demasiadas). O caso é que, despois de non ver na actualidade moita solución á promesa de que a ponte sexa transitable sen motor, agora quérese ver a resposta sobre unha nave que, entre outras cousas, implicaría unha merma de visión sobre a ría, unha separación da canle de Mirasol do peirao, … cando se tiraron xa cartos abondo en facer unha barreira (que pagamos todos a pesares de estar contra dela) que cando se de cerrado por orde dos USA xa necesitará poñerse de novo en boa parte do seu perímetro, pois está esmagada polas mesmas obras. A entidade que leva o cotarro? Portos de Galicia, que parece non ser pública nin privada, collendo a parte que lle convén (a quen?) cando lle convén, cunha opacidade da que só sae para dar información a medias cando se lle presiona de xeito abondante (para rebaixar a presión e logo fai o que lle peta, pois a presión non dura sempre)
…
Estou notando que teño pouco tempo para escribir e quixera desenvoltar máis os temas, háinos que merecen máis profundidade…