Lembro que hai xa moitos anos, facendo auto-stop entre Santiago e Vigo colleume un condutor que se adicou a falar segundo el para non durmir pois durmía moi pouco: unhas catro horas diarias. Segundo el, aínda tivera unha época que durmira algo menos. Sei que foi un ir tenso toda a viaxe, aínda que non tivemos ningún percance.
Tamén hai xente que se di insomne, que non pode durmir e que leva asociado en xeral outros problemas de cansancio crónico ou psicolóxicos.
Agora, hai un par de noites, inaugurouse un ‘Vivir sin dormir‘ en Ribadeo. Non creo que faga falta dicir o que opino del nin da decisión da alcaldía que o permite (desto xa dixen algo), e só reseñarei que o título ven de que hai escasos minutos (sobre as 10 e media da mañá) aínda subía un puñado de xente en non demasiado bo estado pola rúa. No medio, entre os locais e bulicio de límite de apertura e isto, como sempre, xente subindo (e parándose, e cantando, e…) e os camións diversos de limpeza (esta mañá o camión da auga debeu ter algún problema e tivo que voltar…)
Adxunto tamén poño unha testemuña fotográfica: visto que unha obra na Lodeira en abondas posibilidades de ser legalizada despois de finalizada a pesares de térselle mandado parar, recollo o estado onte da obra que se mandou parar en Ramón González, para deixar testemuña de cómo están as obras e non deixalo para último momento como fixera no seu día G. Cao para denuciar a obra da Lodeira (ver tamén a referencia nun pleno. a obra pode verse a partir do calexón da rúa Doctor Moreda (do mercado), pois a saída a Ramón González ten a tapia que se ve ó fondo.
E isto ocorre mentras deixo outros comentarios para máis adiante: problemas de edificacións de edificios tamén en Viveiro, ou que Acuinor (que coido que aínda ten a ‘lágoa Cascos’ dispoñible, da que xa tratei outras veces, ver aquí para a lagoa de Foxo Longo, casualmente á beira dun lugar chamada lagoa, e aquí para outra versión ou aquí para a primeira referencia no blog; sei que puxen fotos, pero non as atopo) reclama a Adega 30 000 €, de xeito previo a facer algo semellante coa administración.