Non creo que lle valla de moito a ninguén: é unha pequena, desordeada e retrasada no tempo escolma da xuntanza de Amadores da Música (convocatoria referenciada o 20071227 en Ribadeo, Ribadeando). A comentar que a parte da mesa, fun o único que preguntei, e calei cousas porque xa se facía tarde e notaba a xente rebulir. Por eso, pola miña intervención e polo tempo pasado (que me fai esquecer o sentido das notas tomadas á presa), está misturada a información entre o que dixo a mesa, o que dixen eu, o que era afirmación, o que era comentario, …
Uns 20 socios.
No futuro espérase que haxa cursiños de instrumentos
O préstamo dará paso ó aluguer de instrumentos. Sobre eso comentei que en troques de poñer un aluguer, era mellor que fora a conta das reparacións, o que estimularía a súa conservación.
Ténse pensado gravar un CD próximamente.
O campamento saldouse con números vermellos, e a viaxe á Sènia connúmeros negros. A falta de subvencións por chegar, queda un saldo de 17761€ na conta. Recibíronse / están apalabradas subvencións diversas do Concello, Xunta, Xacobeo, Caixa Galicia e Deputación.
No 2006 non houbo cartos para os músicos nin viaxe.
Mercáronse 6 CD do campamento.
O palco segue sen teito.
Musiqueando ía ser trimestral…
A páxina web din que está feita: http://www.amadoresdamusica.com
Faría falta un descanso para a convivencia dos músicos nos ensaios
Coido que gane a banda ou non nunha competición, o importante non é iso, senón que se veña contento coa labora realizada, e coido que foi o que pasou en ‘La Sènia’
Eloxiei á directiva por seguir a sociedade con moitas actividades relativamente.
Dixen que me parecera boa idea integrar ós vellos músicos no concerto do verán.