Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2007

  • As inmobiliaras, en regresión. En Ribadeo?

    O outro día un amigo confirmoume que en Madrid xa se está comezando a nogar algo avisado pola prensa hai algún tempo: o peche das inmobiliarias. Parece que hai unhas tres veces o número de inmobiliarias que sería o adecuado (non sei quen o xulgou). O caso é que en Ribadeo polo momento non vin…

  • Una semana sen novas

    Despois de rematar onte o relato do pleno, e obviar os rifirafes posteriores basados sobre todo en torno á petición de dimisión do concellal de Medio Ambiente e a contraréplica, poucas novidades atopo na semana. Segue coleando non embargantes algo xa vello nos xulgados: o acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario no…

  • Pleno ó 13 (…e fin)

        O punto terceiro foi o da aprobación do orzamento xeral do concello… para este ano. É dicir, algo que tivera que estar feito a finais do ano pasado (e que xa se avanzou que tampouco estará listo o do próximo a finais deste, polo demais comprensible dada a data de aprobación do actual). Foi…

  • Prezos e comisións. Pleno ó 13 (V)

        Onte houbo un atropello en Vicente Pérez Martínez, case no extremo da Orden terceira, sen consecuencias graves polo que parece.     A nivel un pouco máis extenso, Lugo foi a provincia española de maior alza nos prezos en outubro. Toda unha distinción, vaia. E mentras, en Madrid fan unha redada entre persoal do concello…

  • Pleno ó 13 (IV)

        Coa madrugada dun día máis, e despois de 3 entradas anteriores no blog, os periódicos xa comezan a falar do pleno do luns 12 a auga pasada, engadindo as acusacións e peticións de onte, que despois dos desencontros na sesión inclúen a dimisión do concellal de Medio Ambiente e a sensación do alcalde de…

  • Pleno ó 13 (III)

        A esta hora xa non só está posta en internet a primeira parte deste artigo en Ribadeando, ou a emenda da UPRi en ‘Ribadeo historia’, e unha crónica do pleno en A vida político-social en Ribadeo, que recomendo. Non obstante, coido que aínda queda moito por dicir. Cousas mesmo que non sairán na acta…

  • Pleno ó 13 (segunda parte)

    … virán máis, pero de pronto, unha segunda parte para dicir que en Ribadeo historia está xa subido o texto da enmenda de UPRi reflectida en Pleno ó 13 (primeira parte) — O pleno foi tratado en Ribadeando en varias entradas consecutivas: Pleno ó 13 (primeira parte)  Pleno ó 13 (segunda parte) Pleno ó 13…

  • Pleno ó 13 (primeira parte)

        Xa aviso: é unha primeira parte.      O pleno de onte foi longo e requerirá alomenos doutra entrada. 11 puntos entre os que se atopaban os orzamentos do 2007 deron abondo xogo, e seguían cando abandonei camiño das 11.      Foi un pleno sen crispación, moderado, pero no que se deu a circunstancia do…

  • Video

    … coido que a estas alturas boa parte dos que mirades o blog xa teredes visto este vídeo da cumbre iberoamericana en Chile, co incidente entre o Rei e Chávez. Por se acaso, este é o enderezo dunha toma moi completa

  • Sen cidadáns na rúa non hai revolución. Con eles pódese cambiar o curso da historia

    A frase aparecía onte nun artigo dunha persoa que non teño por revolucionario (máis ben, ó contrario) Timothy Garton Ash, pero non por eso deixa de ser crara e certeira, de manual, para quen pretenda influír dalgún xeito na política sen adicarse a ela como ‘profesional’. Ocorre que a dificultade está en como convencer ós…