-
Novidades en Ribadeo
Se nos fiamos da prensa, poucas novidades hai estes días en Ribadeo. A máis reseñable, a creación dun club de motos, o motoclub Alcorte. As outras, por exemplo a potenciación do Vello Pancho, non son novidade porque non presentan nada novo. Teriamos que ir ás novas de Mondoñedo, por exemplo, co seu congreso de escritores…
-
A miña intervención na presentación do libro ‘Estudio sobre toponomía en Ribadeo’
-
Un novo contubernio xudeo-masónico?
Hoxe, sábado 3 de novembro de 2007 aparece na Comarca un pequeno artigo asinado de xeito anónimo como ‘Pichi’. Para quen non esteña enterado, ese seudónimo deu pé a outros artigos anteriores do que poderiamos chamar ‘crítica política’, por chamarlle algo. A ampliación sucesiva da culpabilidade do malo que sucede no concello (tapando ou non…
-
Comentario dunha conclusión en torno á vivenda
‘Os poderes públicos non tratan a vivenda como un dereito humano fundamental, senón como unha mercadoría’. Parece que coñece ben quen fixo o titular, conclusión dun documento, a algúns gobernos municipais, autonómicos e tamén nacionais. Parece mesmo feita para a Mariña, coa preponderancia en importancia da compra/venda e a ganancia correspondente sobre a posibilidade de…
-
Primeira entrada.- Comezo de copia do blog de O Tesón
Estamos en probas. Queremos ofrecer un contacto entre a directiva da asociación e os socios e a poboación de Ribadeo en xeral. De pronto, que te parece a idea? gústache a presentación do blog? … Entrada publicada en http://o-teson.blogspot.com na mesma data á que é asignada a súa reprodución e o mesmo etiquetado.
-
Un anuncio como terceira de hoxe
-
Do concello e dos veciños
Onte, por segunda vez e menos dun mes, un regueiro de aceite caeu dun dos contenedores entre a r/Viejo Pancho e a r/Pasarón y Lastra. esta mañá, cando escribo, xa está sendo limpado a mangueirazos con presión por operarios municipais (Grumir). Coido que debeu ser moito máis sinxelo botar o aceite nun sitio totalmente inadecuado…
-
Espazo en doazón
Andivo estes días en boca e letra de ribadensess o asunto da posible doazón do que queda do espazo mercado polos ‘Amigos da Gaita Galega’ para a construcción dun asilo. Lembrando, xa foi cedido espazo para a ampliación do IES Porta da Auga e para a construcción dun polideportivo, o ‘polideportivo novo’, ambos visibles nas…
-
Banda
Con anos de retraso, reproduzo aquí un artigo xa vello (12 de setembro de 2003, El Progreso, p.88, asinado por Juan Soto na súa columna de contraportada, ‘De re varia’). Como comentario, coido que hai un pouco de lío na súa redacción con datas de creación (1992 como data de saída) e recesión (2001-2003), apoios…
-
Retrasos
